Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

jueves, 23 de abril de 2009

Estatutos

TÍTULO I:

Denominación, ámbito, duración, domicilio e fins.

Artigo 1.- Baixo a denominación de "Asociación Viguesa de Estudios sobre a María", constitúese unha entidade asociativa rexida pola lei de 24 de decembro de 1964, polos presentes Estatutos e polos Acordos válidos dos seus órganos de dirección e administración.

Artigo 2.- A Asociación ten por ámbito territorial o de Galiza e integrará a tódalas persoas que compartan os fins da Asociación e que, libremente, soliciten a súa inscripción.

Artigo 3.- A Asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 4.- A Asociación ten persoalidade xurídica plena e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

Artigo 5.- O domicilio social establécese, provisoriamente, na rúa Torrente Ballester, 4 - Baixo da cidade de Vigo, poidendo o Órgano Colexiado acordar o cambio a outra sede, así como crear as Delegacións e as Representacións que considere oportunas.

Artigo 6.- A Asociación ten por obxecto e fins:

- Promover un debate social sobre a situación da cannabis e seus derivados.

- Promover un debate social sobre a situación provocada pola prohibición das "drogas".

- Promover un cambio na legalidade vixente respecto da situación actual de prohibición, que recorta dereitos fundamentais das persoas.

- Estudiar, investigar e documentar tódalas cuestións relativas á cannabis sativa, dende os puntos de vista ecolóxico, social, económico, científico, médico, legal, organoléptico e psicotrópico que poidan interesar a seus asociados.

- Estudiar, investigar e documentar tódalas cuestións relativas a tódalas sustancias psicoactivas, dende os puntos de vista social, económico, científico, médico e legal que poidan interesar a seus asociados.

- Facer un seguimento das actividades das Administracións Públicas e de outras organizacións sociais na súa labor prohibicionista, denunciando as irregularidades que se observen.

- Crear e manter un fondo documental, a disposición dos socios, que reúna tódala información posible en torno ás sustancias psicoactivas. Publicar por calquera medio esta información.

- Asesorar a seus asociados, ante os vacíos lexislativos e/ou xurisprudenciais en torno ó consumo, á posesión para consumo, e ó cultivo para autoabastecerse de sustancias que teñen seu tráfico prohibido.

- Manter informados a seus asociados de tódalas cuestións relacionadas coa asociación e cos fins desta.

En ningún caso é obxecto nin fin desta Asociación a promoción, o favorecimento e a facilitación do consumo ilegal de cannabis sativa ou calquer outra sustancia tóxica, estupefaciente ou psicotrópica.

Artigo 7.- Para o cumprimento dos seus fins, a Asociación poderá:

- Realizar actividades de información, educación e protesta.

- Dispor dun local para reunión e actividades dos seus asociados.

- Organizar actos culturais.

- Dispor de representación física propia en todo tipo de actos organizados por outras entidades.

- Organizar Premios e Concursos.

- Integrarse en agrupacións e federacións de asociacións relacionadas cos seus fins e obxectivos.

- Investigar as propiedades organolépticas da cannabis sativa.

- Informar e asesorar en aspectos informativos no referente ó ámbito xurídico-legal, botánico, mediciñal, histórico, social e documental.

- Manter un fondo documental propio que reúna e sirva de fonte de información en todo aquello relacionado cos fins e obxectivos da Asociación.

- Documentar as investigacións e estudios realizados pola asociación.

- Difundir a información da que dispoña a asociación.

TÍTULO II

Asociados.

Artículo 8.- Poden solicitar súa afiliación á Asociación Viguesa de Estudios sobre a María todas aquelas persoas maiores de idade que residan no ámbito territorial da Asociación, coa única obriga de observar estes Estatutos e solicitar a súa admisión ó Órgano Colexiado.

Artigo 9.- Ó ingreso e a baixa na Asociación son voluntarios. En calquer momento o asociado poderá darse de baixa, sen máis requisitos que comunicarllo por escrito ó Órgano Colexiado. Levaráse un libro de altas e baixas.

Artigo 10.- 1.- A afiliación á Asociación leva inherente o pago dunha cuota, que se fixa para o ano 2002 en 20 € (3.328 pesetas). Esta cuota será actualizada sucesivamente, para cada ano, pola Asamblea ordinaria da Asociación. O prazo de ingreso da cuota é ata o 31 de xaneiro de cada ano. Os novos asociados pagarán a cuota anual enteira. Existirá unha ficha de afiliación por cada asociado.

2.- No caso de impago da cuota no prazo do punto anterior, o asociado quedará en suspenso ata que se verifique a regularización ou a falta definitiva de pago, considerándose esta transcurrido o periodo de pago da seguinte cuota.

Artigo 11.- 1.- A expulsión dun asociado será aprobada en Asamblea, á proposta do Órgano Colexiado.

2.- O Órgano Colexiado deberá notificarlle previamente ó interesado o expediente de expulsión, con descripción do motivo do mesmo e concedéndolle un prazo non inferior a quince días para ser oído por escrito ou na seguinte reunión do Órgano Colexiado. O asociado quedará en suspenso ata a seguinte Asamblea, na que terá voz, pero deberá ausentarse no momento da votación. A votación que entenda sobre unha expulsión, deberá ser aprobada por maioría de tres quintos de asociados presentes. Son causa de expulsión:

- O incumprimento das obrigas contidas nestes Estatutos.

- O incumprimento dos Acordos da Asamblea ou do Órgano Colexiado nas súas respectivas esferas competenciais.

- Calquer conducta consistente en informar ou divulgar sobre persoas, que afecte á sús intimidade e obtida no ámbito da asociación.

Artigo 12.- Son dereitos dos asociados:

- O uso dos bens e servicios da Asociación, nas condicións que determine a Asamblea.

- A ter voz e voto nas Asambleas da Asociación e nas reunións do Órgano Colexiado. A condición de asociado da dereito a un voto.

- A participar activamente na dirección da Asociación, ben como cargo electo pola Asamblea, ben como socio, participando nas Asambleas e nas reunións do Órgano Colexiado.

- A estar informado das actuacións, iniciativas e actos de xestión económica e patrimonial realizadas por mandato da Asamblea.

- A participar activamente en tódalas actividades que promueva a Asociación.

Artigo 13.- Tódolos asociados teñen os mesmos dereitos e obrigas, a excepción dos asociados honorarios, que se describen no artigo 14.

Artigo 14.- A Asamblea, atendendo a circunstancias excepcionais, como, por exemplo, os servicios desinteresados prestados, ou unha recoñecida labor en pro dos fins e obxetivos da Asociación, poderá otorgar ás persoas en quen concurran, á condición de asociado honorario.Os asociados honorarios estarán exentos de cuotas, e poderán asistir ás Asambleas e ás reunións do Órgano Colexiado, con voz pero sin voto. Non serán elixibles para os cargos estatutarios da Asociación.

TÍTULO III

Órganos de Gobierno.

Artigo 15.- A dirección da Asociación estará a cargo da Asamblea e do Órgano Colexiado. As persoas que rexirán a Asociación serán elixidas en tódolos seus grados mediante sufraxio libre, igual, directo e segredo.

Artigo 16.- A Asamblea está constituida por tódolos asociados que estén ó corrente no pago das cuotas da Asociación.

Artigo 17.- A Asamblea é o órgano soberano da Asociación, e seus Acordos son vinculantes para tódolos afiliados.

Artigo 18.- As Asambleas Xerais poden ser ordinarias e extraordinarias. A asamblea ordinaria celebraráse unha vez ó ano, mentras que a Extraordinaria será a petición dun dez por cento dos afiliados ou por acordo do Órgano Colexiado, indistintamente.

Artigo 19.- As Asambleas Xerais serán convocadas polo Presidente da Asociación, mediante notificación persoal e escrita a tódolos asociados, con quince días de antelación á data sinalada para a reunión, expresándose, se procede, a data e hora na que terá lugar a reunión en segunda convocatoria.

A comunicación da convocatoria contendrá o local, data e hora na que terá lugar a Asamblea, así como os asuntos a tratar, según orde do día acordada polo Órgano Colexiado.

Asimesmo, por razóns de urxencia, poderán debatirse cuestións plantexadas no curso da reunión, si así o decide un vinte por cento, como mínimo, dos asociados presentes.

Artigo 20.- A Asamblea quedará validamente constituida, en primeria convocatoria, cando esten presentes a mitade máis un dos asociados, e, en segunda, calquera que seña o número de asistentes.

Artigo 21.- A presidencia de tódalas asambleas corresponde ó Presidente da Asociación, e, en ausencia do Presidente, ó Secretario. En ausencia de ambos decidirá a asamblea.

A mesa da Asamblea quedará integrada polo Presidente da Asociación e dous asociados designados polo Órgano Colexiado en turno rotativo. Actuará como Secretario o Secretario da Asociación.

Os Acordos da Asamblea adoptaránse preferentemente por consenso. Agotada esa vía, os acordos se adoptarán por maioría simple, salvo nos casos para os que estos Estatutos sinalan maioría cualificada.

A modalidade das votacións queda a criterio da Asamblea.

Artigo 22.- Son funcións e atribucións da Asamblea :

- Adoptar Acordos relativos á representación, xestión e defensa dos intereses da Asociación e seus asociados/as.

- Aprobar os programas e plans de actuación.

- Elixir e revocar o mandato dos cargos directivos da Asociación, así como establecer a duración dos mesmos, que, en un principio, se establece nun ano.

- Coñecer a xestión do Órgano Colexiado.

- Fixar as cuotas que deberán pagar os asociados, de conformidade coas propostas do Órgano Colexiado.

- Aprobar os Orzamentos e liquidacións de contas.

- Aprobar e reformar estes Estatutos.

- Acordar a disolución da Asociación.

- Coñecer e resolver os recursos plantexados polos asociados/as.

Artigo 23.- Levantaráse un acta das reunións da Asamblea. As actas serán asinadas polo Secretario da Asociación, co visto e prace do Presidente. As actas deberán ser aprobadas ó final da reunión, ou, no seu defecto, dentro dos quince días seguintes, polo Presidente da Asamblea e dous asociados interventores nomeados en la asamblea. As actas estarán a disposición dos asociados na sede da asociación.

Artigo 24.- O Órgano Colexiado é o encargado da dirección e administración da Asociación. Estará integrado por un mínimo de cinco asociados: Presidente, Tesorero, Secretario e todos aqueles socios que asistan ó mesmo

Artigo 25.- O Órgano Colexiado se reunirá, en sesión ordinaria, polo menos unha vez o mes, e, en sesión extraordinaria, canto haxa motivos e por convocatoria do Presidente. O Presidente do Órgano Colexiado, informará ós asociados destas convocatorias e do seu contido polos medios que se acorde en Asamblea. Por razóns de urxencia poderánse atender asuntos non previstos.

Artigo 26.- Para a adopción de Acordos do Órgano Colexiado tentaráse sempre o máximo consenso, pero no caso de non ser posible, requeriráse o voto favorable da metade dos membros asistentes. Os debates e acordos das sesións do Órgano Colexiado, constarán en actas, coas sinaturas do Secretario e Presidente, que estarán a disposición dos asociados.

Artigo 27.- O Órgano Colexiado ten as seguintes facultades e funcións:

- A execución e cumprimento dos Acordos da Asamblea.

- A preparación e dirección das actividades da Asociación.

- A proposta á Asamblea dos programas de actuación xerais e específicos, a realización dos aprobados; dando conta do seu cumprimento á Asamblea.

- A presentación á Asamblea de presupostos, balances, liquidacións de contas e propostas de cuotas, para a súa aprobación.

- A elaboración da memoria anual de actividades, someténdoa á Asamblea para a súa aprobación.

- Decidir en materia de cobros y pagos.

- Inspeccionar a contabilidade, así como a mecánica de cobros e pagos, sen perxuicio das facultades do Tesoreiro e do Presidente.

- Adoptar acordos referentes á contratación de bens e servicios, exercicio de accións e otorgamento de poderes.

- Realizar informes e estudios de interés para os asociados.

- Nos casos de urxencia xustificada, que imposibilite a convocatoria dunha Asamblea na que se decida, adoptar decisións sobre asuntos, competencia da Asamblea, dando conta á mesma, na primeira convocatoria que se realice.

Artigo 28.- O Presidente da Asociación será elexido e revocado no seu mandato pola Asamblea, e presidirá ésta e o Órgano Colexiado.

Artigo 29.- Son funcións e atribucións do Presidente:

- Convocar a Asamblea da Asociación e as reunións do Órgano Colexiado.

- Dirixir os debates e a orde nas reunións.

- Representar á Asociación, suscribir contratos e otorgar poderes; e executar toda clase de accións, coa debida autorización do Órgano Colexiado.

- Rendir anualmente informe da súa actuación e da do Órgano Colexiado á Asamblea .

- Propoñer ó Órgano Colexiado ó nomeamento dos cargos técnicos que sexan precisos para as actividades da Asociación.

- Executar os acordos da Asamblea e do Órgano Colexiado.

- Pagar y cobrar cantidades de toda clase e cuantía; abrir, seguir e cancelar contas corrientes, libretas de aforro ou imposicións a prazo en carquer entidade bancaria, incluso o Banco de España; suscribir talóns, cheques e órdes de transferencia; constituir e cancelar depósitos en efectivo ou en títulos e valores en carquer banco ou entidade; librar, aceptar endosar ou negociar letras de cambio e instar seu protesto, indistintamente co Tesoreiro.

- Comparecer ante organos xurisdiccionais de calquer clase e xurisdicción, así como ante calquer administración pública, en representación da Asociación, entablando, contestando, desistindo ou instando toda clase de accións e recursos. Conferir poder a Procuradores, Abogados e outros profesionais, coas facultades de absolver posicións e confesar en xuizo, poidendo conferir as de sustituir.

- Comprar e vender os bens muebles e inmuebles, accións e valores.

- Arrendar e traspasar inmuebles.

Artigo 30.- O Secretario da Asociación, que será elixido pola Asamblea, terá as seguintes funcións:

1.- Levantará acta das reunións que celebren os órganos da asociación e será o depositario das mesmas.

2.- Será depositario das fichas de afiliación dos asociados, así como de toda a documentación da asociación.

3.- Expedirá as certificacións necesarias sobre os contidos das actas.

4.- Colabourará co Tesoreiro na creación e mantemento dun ficheiro cos datos de tódolos asociados e seus pagos de cuotas.

5.- Sustituirá o/a Presidente/a nas súas ausencias e se queda vacante a Presidencia, ata que se elixa un novo/a Presidente/a.

Artigo 31.- O Tesoreiro será elixido pola asamblea, e terá as seguintes funcións:

1.- Ordenación de pagos e expedición de libramentos e efectos bancarios, indistintamente co presidente.

2.- Colabourará co Secretario na creación e mantemento dun ficheiro cos datos de tódolos asociados e seus pagos de cuotas.

3.- Elabourará a contabilidade e os presupostos da asociación.

4.- Calquer outro de carácter económico.

TÍTULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 32.- Os recursos financieiros da Asociación, que inicia súas actividades sen patrimonio fundacional algún, estarán integrados por:

1.- As cuotas dos membros da Asociación.

2.- As doazóns e legados a favor da mesma.

3.- As subvencións que lle poidan ser concedidas.

4.- As ventas de bens e valores.

5.- Os ingresos procedentes das ventas de publicacións e prestacións de servicios.

6.- Calquer outro recurso obtido de conformidade cos presentes Estatutos e as disposicións legais pertinentes.

Redactaráse un presuposto ordinario de ingresos e gastos, con sujección ás normas estatutarias, sin que poida exceder do límite de dez mil euros.

Artigo 33.- O Órgano Colexiado determinará as normas para a administración e contabilidade; O Tesoreiro e o Presidente coidarán da conservación de tódolos fondos na forma en que dispoña o Órgano Colexiado e asinarán indistintamente tódolos documentos de cobros e pagos.

O Órgano Colexiado arbitrará as medidas necesarias para que os asociados coñezan a situación económica da Asociación.

Artigo 34.- Os recursos económicos da Asociación, así como seu patrimonio, destinaráse ó cumprimento dos fins da mesma.

TÍTULO V

DA FUSIÓN, MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.

Artigo 35.- Os presentes Estatutos poden ser modificados en virtud de Acordo da Asamblea convocada ó efecto, co voto favorable de dous tercios dos Asociados. O proxecto de modificación deberá ser proposto, como mínimo, por unha terceira parte dos asociados, ou por acordo do Órgano Colexiado, e será remitido a tódolos afiliados cunha antelación mínima de vinte días á data da reunión. Igual procedemento se seguirá para a fusión con outras Asociacións.

Artigo 36.- A Asociación se disolverá cando o acorde a Asamblea, cos mesmos requisitos que os do artigo precedente. O acordo de disolución incluirá o destino dos bens, dereitos, instalacións e servicios da Asociación que puideran quedar despois de atendidas as obligacións pendentes. En todo caso, o patrimonio social existente á disolución da Asociación se aplicará ós seguintes fins:

1.- Doazón a favor dunha ou varias entidades asociativas non lucrativas que persigan fins análogos ós de esta Asociación e teñan un ámbito territorial o máis parecido posible.

2.- De non existir unha entidade de fins similares, o patrimonio ofreceráselle a unha entidade radicada en Galicia, que teña por finalidade a mellora das condicións de vida e saúde dos drogodependentes, sobre todo dos que viven na cadea. De existir varias entidades quedará ó criterio do Órgano Colexiado o prorrateo entre elas, ou a adxudicación a unha sola.

Artigo 37.- De non acordarse outra cousa pola Asamblea, actuarán de liquidadores os membros do Órgano Colexiado.

Leer máis...

El punto tk

Desde hace algún tiempo había un medio conflicto por superar con el punto tk de Avemaria. Ese dominio esta direccionada a la primera web de Avemaria creada ya hace muchos años, luego al blog del Durru en Diario Que y finalmente al Durru blogspot.com.
Causa de algunos desacuerdos y conflictos ya que la condición es que ese dominio apuntaria hacia su blog mientras A.V.E Maria no tuviera una página web. Hubo un intento por parte del webmaster Juan Ruetter que no se sabe muy bien porque no fraguo. Algun problema con el traspaso del dominio y la documentación creo.
Ahora ya la tiene, y cumpliendo con lo prometido el dominio tk ahora está dirigido a este propio blog que estáis leyendo.
Podéis encontrar el blog tanto en:
avemaria-vigo.blogspot.com como en avemaria.tk.
Prefiero de todas maneras que se utilice la dirección de Blogger ya que los dominios tk tienen publicidad en un frame sobre la página y este blog esta libre de publicidad de por si. Los anuncios superiores que se ven si entráis a través del dominio TK es cosa del proveedor de los dominios, que son gratuitos pero con publicidad incluida. Que es su forma para financiarse, pero no son anuncios que halla implementado yo o AVEmaria.
Proximamente es posible que este sitio tenga un dominio .org o .net, es algo aún por ver, pero seria interesante un dominio libre de publicidad. Mientras no lo tenga mejor que useis la dirección de Blogger: avemaria-vigo.blogspot.com.
Sólo es una pequeña aclaración.
Saludos a tod@s y bienvenid@s.
Mas info:
Rebienvenidos a la Red

Leer máis...

domingo, 19 de abril de 2009

Cultivo Colectivo e Marcha Mundial da Marihuana

Queridas persoas da Asociacion Viguesa de Estudos da María,

Na asemblea de onte (16/04/09) tomáronse algunhas decisións que poderían vos interesar, polo que pasamos a resumir:

1. Bancada de esquexes:

Por medio do intercambio de esquexes (dispoñemos de Cream Caramel, Black Jack, Crítical Máis e Sicodelicious polo momento) a asociación dispón dunha bancada de esquexes destinado en primeiro lugar as posiveis iniciativas de Cultivo Colectivo cannábico da tempada 2009 e en segundo lugar para unha distribución entre as persoas da asociación que estiveran interesadas. Continuamos interesados en terreos ou casa vella con terreo para alugar e gañar en seguridade diversificando a plantación.

2. Información financieira:

A última fonte de ingreso da asociación foron as cotas pagas do ano 2008 que corresponden exclusivamente as novas altas e as participantes do Cultivo Colectivo 2008.

Os gastos para o intercambio dos esquexes e o seu mantimento superan xa o saldo existente. Por iso faise un chamamento as persoas da asociación para que, dentro das posibilidades, satisfagan as cotas de 2009 (20 Euros).

3. Fronte a situacion acima apresentada, convócase unha reunión bitemática para decidir, o vindeiro xoves día 24 de abril, o prantexamento do Cultivo Colectivo para 2009 e o funcionamento da bancada de esquexes, así como os detalles da concentración da Marcha Mundial da Marihuana en Vigo o sábado 9 de maio.

Saúde

Leer máis...

COPYLEFT2009 Mistertrufa