Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

lunes, 30 de noviembre de 2009

Oracion a San Canuto

SAN CANUTO

San Canuto noso,

concédenos a quen usamos o cannabis

e sufrimos persecución a causa do teu nome,

o don da paciencia e a combatividade,

para que podamos dar testemuña fel e críbel

dos beneficios da herba que usamos.

San Canuto noso,

protéxenos das mafias do narco e do estado,

da hipocresía social e das multas

e non nos deixes caer na tentación de ocultarnos.

San Canuto noso,

prega polos e polas cacheadas, multadas e detidas

por exercer os seus dereitos.

Querido San Canuto

bota un ollo polos cultivos, deféndenos de todas as pragas

e favorece o teu uso terapéutico.

PLANTATE o 19 xaneiro

na Praza da Constitución de Vigo o 19 ás 19h

imagen

Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María):

avemariavigo(arroba)telefonica.net

www.avemaria.tk

http://avemaria-vigo.blogspot.com

Federación de Asociacións Cannábicas (F.A.C.)

http://www.fac.cc/

Leer máis...

Solicitude San Canuto Vigo 2010

A Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María), con domicilio en Vigo,

:

Que por medio do presente escrito comunicamos no prazo legal ao abeiro do artigo 21 da Constitución española, así como da Lei Orgánica 9/1983, de 15 de xullo, reguladora do dereito de Reunión, a decisión de celebrar unha concentración coas características que se expoñen a continuación, en cumprimento do establecido na mencionada LO 9/83:

PRIMEIRA.- Que a concentración terá lugar en Vigo, na Praza da Constitución, o 19 de xaneiro de 2010.

Que está convocado o seu inicio ás 18 horas, cunha duración prevista de 6 horas.

SEGUNDA.- Que o obxeto da concentración é protestar pola actual situación legal do cannabis, os seus derivados e outras substancias ilegais, reivindicando a normalización e desprohibición, para uso terapéutico e lúdico, en todo caso libre.

TERCEIRA.- No transcurso do acto haberá diversas actuacións musicais.

Vigo a 5 de xaneiro do 2010


AO SUBDELEGADO DO GOBERNO ESPAÑOL EN PONTEVEDRA

Leer máis...

Festa do Solsticio e despedida do 2009

Calendario do mes do Solsticio de Inverno, fin de ano e primeiros do 2010:

- As xuntanzas dos xoves 3 e 10 funcionarán coa normalidade habitual.

- Día 17/12/09 Festa do Solsticio e despedida do 2009.

- A Festa da Colleita será un día a anunciar sobre a marcha a partir das 15h. ou 12h., tema a decidir.

- Xoves 24 e 31 por ser bíspora de festivo non hai reunión oficial, á vontade das persoas asociadas ter unha cita.

- 19 de xaneiro ás 19h. na Praza da Constitución: San Canuto.

Leer máis...

COPYLEFT2009 Mistertrufa