Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

jueves, 13 de mayo de 2010

A por outra

Ola boas,
Rematada a Marcha Mundial da Marihuana temos máis marcha.


Próximos eventos:

Leer máis...

Boletín da IACM do 28 de abril 2010

EE.UU.: Washington DC aproba unha morma que legalizará o
cannabis para uso médico a finais deste ano

Os enfermos crónicos do Distrito de Columbia (Washington DC)
poderán adquirir cannabis autorizado polo goberno a finais de ano
grazas a unha medida aprobada por unanimidade polo Consello
do Distrito o pasado 20 de abril. Sen que houbese debate
previo, o Consello autorizou a cinco centros médicos da cidade a distribuír
cannabis, número que podería aumentar a oito nos
próximos anos. Os pacientes con VIH, glaucoma, cancro ou
enfermidade "crónica e duradeira" poderán obter a
recomendación dun médico para posuír até 2 onzas (57
gramos) de cannabis cada 30 días.

Os enfermos non terán permiso para cultivar cannabis, pero
poderán compralo nos dispensarios autorizados e regulados polo
Departamento de Saúde. Aqueles sen recursos económicos
poderán conseguilo de maneira gratuíta ou a baixo custo. Os
defensores da medida dixeron que a votación levada a cabo no
Consello era un dos pasos finais dunha loita de anos de duración,
tras o referendo de 1998 no que o 69 por cento dos
habitantes votaron a favor de cannabis medicinal. Pero
algúns defensores e cultivadores de cannabis din que a lei do
Distrito está destinada ao fracaso porque é demasiado restritiva
e, por tanto, non resulta atractiva aos produtores xa establecidos,
que poderían satisfacer as necesidades do Distrito. O congreso
ten agora 30 días para revisar a normativa antes de que se converta en lei.

(Fonte: The Washington Post do 21 de abril de 2010)

Leer máis...

miércoles, 12 de mayo de 2010

Video fotos Marcha Mundial de la Marihuana

Unha pena pola choiva que desluciu un pouco a festa, de haber feito mellor tempo hubera sido eun exito total. Pero con chuvia o sin ela se celebrou igual, con actuacions musicais, DJs e otras atractivas propostas. En un ambente moi familiar e todos xuntiños baixo os soportais. Pra outra proxima ocasion xa acompañara o tempo. Podedes ver o seguinte vídeo con fotos das actuacións:






Cortesia: Rincon del Cannabicultor.

Leer máis...

viernes, 7 de mayo de 2010

Cartaz Oficial Marcha Mundial da Marihuana en Vigo

Un orixinal e autóctono cartaz oficial pra a Marcha Mundial da Marihuana en Vigo. Lugar Praza da Constitución- 19:00 horas- sabado 8 de Maio.


NOVEDAD: Confirmada a presencia de Meninos Carentes co seu Reggae en directo.
Leer noticia en Cannabiscafe

Leer máis...

COPYLEFT2009 Mistertrufa