Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

viernes, 3 de septiembre de 2010

Nin unha nin dous tres veces

As "forzas de seguridade" do estado, de forma localista e con estilo de cherife de pelicula americana barata, no que vai de ano han asaltado tres veces o cultivo colectivo da Asociación de Estudos do Cannabo Avemaria de Vigo, legalmente estabrecido.
Unha primeira pode pasar, pero tras esa primeira que foi arquivada polo xulgado, e o compañeiro que estaba como xardiñeiro e habia sido detido, liberado sen cargos, non tiñan que haber regresado. Pero voltaron e cortaron as prantas que se habian replantado no mesmo emprazamento por segunda vez. Voltaron a deter o xardiñeiro de novo, so que de esta o mantiveron secuestrado menos tempo. Non conformes regresaron unha terceira por ver se de novo se habia replantado, cando a estas alturas poco podes esperar sacar de unha colleita "tan tardia". Pero por deixarse ver e impoñer a su presenza como se alguen os invitara o tiveran algo que ir a facer, colleronlle gusto o chollo parece.

Sen nenguna orde de rexistro nin nada oficial, por que eles o valen e ca prepotencia que os caracteriza. A forma na que o fixeron está chea de faltas no procedemento, pero o mal xa o fixeron. Estragaron a colleita do 2010, estaran contentos os vaqueiros estos do estado. Agora tan so queda emprender as accions legais pertinentes xa que han actuado fora dos canais legais, por a sua conta e risco, con moitos defectos de forma e sen ter orde de ningunha instancia superior, de ningún xuiz e sin que ninguen lles dese permiso pra entrar na propiedade. Sonche asi de valentes. O dito, se esta a estudar os proximos movementos e accións legais contra estes individuos que van tomandose a ley e a xustiza por a sua man como se foran os tempos de Paquito. Estanse a confundir os tempos cambian. Lonxe de rematar, comenza o baile.

Fonte: Segundo ataque contra Cultivo Colectivo Avemaria Vigo

Leer máis...

COPYLEFT2009 Mistertrufa